lunes, 21 de febrero de 2011

Sesión de Formación 2. Traballando coa imaxe


Por favor ollade tamén o titorial Shotwell para traballar coas imaxes.

Actividades con Hot Potatoes e Ardora

Existen unha serie de programas que nos permiten facer acividades de tipo encrucillado, test, asociar imaxe- texto, texto-texto..etc. Un dos máis clásicos e que séguese usando é Hot potatoes: descargao dende aquí e o outro máis recente e inluso máis intuitivo é Ardora: descárgao dende aquí.
Ardora ten máis tipos de actividades diferentes, pero penso que é peor para avaliar e ter unh nota. Hot potatoes ten menos exrcicios pero é doado obter unha calificación cando os nenos fan os exercicios. XA falaremos diso na clase.




Os vídeotitoriais:
Hot potatoes:








Ardora:

Slideshare. Descargando, subindo e compartindo presentacións

Aquí tedes un vídeotitorial sobre Slideshare, para subir, compartir e descargar presentacións en liña. Poderedes logo velas dende a páxina moodle, blogue, páxina web..etc. As presentacións en liña son moi cómodas para os que vos estedes iniciando no mundo TIC, para buscar e descargar presentaciós xa elaboradas por compañeiros de calquera parte do mundo que nos valgan para as nosas sesións na aula.
Se algo esta feito e ben... por que non empregalo?? ...ou simplemente modificar algunhas cousas que nos interesan para puntualizar algo??
Adentrádevos no abraiante mundo de COMPARTIR e AUNAMOS ESFORZOS.




Que o queredes máis paso a paso? NO PROBLEM!!
Aquí o tedes nun titorial subido precisamente a Slideshare:

miércoles, 9 de febrero de 2011

Smart Notebook 10. O software do encerado dixital

Unha pequena reportaxesobre o encerado dixital:


O vídeotitorial que fixemos hai un par de anos no noso grupo de traballo sobre o Smart. Ven todo o que expliquei o outro día e moito máis:

sábado, 5 de febrero de 2011

Busca intelixente de imaxes con Google imaxes

Google imaxes é un potente buscador de imaxes que se atopan na rede. No verán do 2010 houbo unha mellora nas súa ferramentas de busca para predefinir o tipo de imaxes que estánse a buscar. Déixovos un pequeno vídeotitorial para que olledes as súas posibilidades:

miércoles, 2 de febrero de 2011

Baixando vídeos. Download helper

É moi útil baixar vídeos por un montón de motivos, entre outros...por se nos quedamos son internet na clase!, para ter unha copia de todos aqueles vídeos que nos interesan. Ou para poder volvelos subir a youtube para editalos como nós queremos.
Aquí deixo tun titorial de como baixar un vídeo de calquera páxina web que albergue vídeos:

Sesión 1. Reflexión sobre as novas tecnoloxías e posibilidades da Rede 2.0 na aula

Aquí tedes a presentación da primeira sesión
Aquí déixovos un vídeo sobre o ensino coas TIC sobre o cal tod@s deberíamos reflexionar. É unha tradución que fixen coa inestimable axuda de Luisa que pasoulle o maquinillo normativizador ao meu empeño normalizador.

Shotwell. O editor e xestor de imaxes de Ubuntu

os nosos super "ultraportátiles" teñen un programa para xestionar as fotos e facerlles unha edición simple, pero que normalmente chegaríanos para as nosas necesidades do día a dçia na aula. Aquí déixovos o vídeotitorial por capítulos que fixen para tal efecto:

Youtube. Unha ferramenta imprescindible para os profes 2.0 actuais

Yputube é un portal para colgar vídeos, pero tamén permítenos crear as nosa listas de reprodución , engadir anotacións ou subtítulos. Aquí déixovos o vídeotitorial que fixen. Non vos preocupedes que verémolo na clase con calma e co voso material.

Stellarium. Un programa para visualizar o ceo nocturno, estrelas e planetas

Aínda que non tiña pensado falar do programa Stellarium que está nos ordenadores dos rapaces, igual nalgún momento parécevos útil.
Eu estou dando cos de 1º da ESO o tema do Universo, polo que estámolo empregando.
Fixen un vídeotitorial para que vexades o "doado" que é manexalo:

Vídeo entretido

A vindeira reunión será o  mércores 9 de Febreiro, de 16:30 ás 19:30h. .

Aí tedes un vídeo simpático, pero real como a vida mesma.
Non hai que perder o ritmo.