martes, 13 de diciembre de 2011

MOODLE

Éste é un curso aberto de MOODLE, facede clic na imaxe



ou en
 http://www.edu.xunta.es/centros/iesasangrina/aulavirtual/course/view.php?id=72
A nosa aula virtual xa está sendo empregada polo profesorado, proximamente  colgaremos a forma de acceso e funcionamento.
Aínda queda moito que aprender, pero ánimo..

domingo, 20 de noviembre de 2011

Smart Notebook 10.8. Ink aware. Escribindo e debuxando sobre Microsoft office

As ferramentas da barra flotante válenos para escribir ou debuxar sobre documentos de word, presentacións de power point ou follas de cálculo de excel. É moi útil e pódenos dar moito xogo na clase xa que permítenos gardar as anotacións feitas no encerado dixital dentro do documepnto de office. Aquí vai o vídeotitorial:

martes, 15 de noviembre de 2011

Barra flotante, personalización da barra flotante e primeiros pasos. Smart Notebook 10.8

A barra flotante é a que nos aparece á esquerda da nosa pantalla, unha vez que temos instalado o programa SMART notebook. Podemos cambiar a súa posición ao noso gusto, xa veredes o doado que é. No presente vídeotitorial poderedes ver tamén que é moi doado personalizala e que podemos empregar as ferramentas que posúe sobre unha foto, sobre o navegador de internet ou mesmo sobre un documentos de texto, presentación ou folla de cálculo.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Descargar Smart Notebook 10.8

Descargar o Smart Notebook é bastante sinxelo:
Accede ao link e segue os pasos. Se ves que te perdes, podes seguir os pasos que explico no vídeotitorial:
http://www.smarttech.com/es/Support/Browse+Support/Download+Software


domingo, 13 de noviembre de 2011

PFAC sobre EDI. Coñecendo á pizarra dixital e o software SMART



Smart Notebook é o software que temos nos encerados dicitais das Aulas Abalar do 2011/12 . É un software moi completo que nos permite un montón de cousas, dende pintar e debuxar sobre el, a facer exercicios flash de diferente tipo interactivos.










Unha pequena reportaxesobre o encerado dixital:





O vídeotitorial que fixemos hai un par de anos no noso grupo de traballo sobre o Smart.


jueves, 6 de octubre de 2011

PFAC curso2011-2012

Xa estamos no novo curso escolar e  desexamos seguir a formación nas TICs.
Polo tanto, solicitamos e imos levar a cabo un proxecto de formación e asesoramento en centros sobre o software do Encerado dixital interactivo.
Esperamos que cada vez sexamos máis profesores dispostos a empregar todos os recursos TICs que temos e fagamos deste proxecto un traballo colaborativo do que nos sintamos orgullosos.
Ánimo a todos.
Proximamente, teremos a vosa disposición o proxecto.

domingo, 22 de mayo de 2011

Liñas temporais

Un recurso didáctico moi interesante para facer liñas do tempo é  dipity , da que podedes consultar no seguinte enlace:
http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/es/internet/aplicaciones-web/936-raquel-carrasco-bargueno

e ademáis podedes visitar o seguintes videotitoriais:

miércoles, 13 de abril de 2011

Convertir vídeos

Any video converter é un conversor de vídeo que permite intercambiar os formatos de vídeo, facer o arquivo máis lixeiro... é bastante intuitivo e doado de empregar.

Vídeo Turorial Any vídeo converter from Xacobo de Toro on Vimeo.

lunes, 21 de febrero de 2011

Sesión de Formación 2. Traballando coa imaxe


Por favor ollade tamén o titorial Shotwell para traballar coas imaxes.

Actividades con Hot Potatoes e Ardora

Existen unha serie de programas que nos permiten facer acividades de tipo encrucillado, test, asociar imaxe- texto, texto-texto..etc. Un dos máis clásicos e que séguese usando é Hot potatoes: descargao dende aquí e o outro máis recente e inluso máis intuitivo é Ardora: descárgao dende aquí.
Ardora ten máis tipos de actividades diferentes, pero penso que é peor para avaliar e ter unh nota. Hot potatoes ten menos exrcicios pero é doado obter unha calificación cando os nenos fan os exercicios. XA falaremos diso na clase.




Os vídeotitoriais:
Hot potatoes:








Ardora:

Slideshare. Descargando, subindo e compartindo presentacións

Aquí tedes un vídeotitorial sobre Slideshare, para subir, compartir e descargar presentacións en liña. Poderedes logo velas dende a páxina moodle, blogue, páxina web..etc. As presentacións en liña son moi cómodas para os que vos estedes iniciando no mundo TIC, para buscar e descargar presentaciós xa elaboradas por compañeiros de calquera parte do mundo que nos valgan para as nosas sesións na aula.
Se algo esta feito e ben... por que non empregalo?? ...ou simplemente modificar algunhas cousas que nos interesan para puntualizar algo??
Adentrádevos no abraiante mundo de COMPARTIR e AUNAMOS ESFORZOS.




Que o queredes máis paso a paso? NO PROBLEM!!
Aquí o tedes nun titorial subido precisamente a Slideshare:

miércoles, 9 de febrero de 2011

Smart Notebook 10. O software do encerado dixital

Unha pequena reportaxesobre o encerado dixital:


O vídeotitorial que fixemos hai un par de anos no noso grupo de traballo sobre o Smart. Ven todo o que expliquei o outro día e moito máis:

sábado, 5 de febrero de 2011

Busca intelixente de imaxes con Google imaxes

Google imaxes é un potente buscador de imaxes que se atopan na rede. No verán do 2010 houbo unha mellora nas súa ferramentas de busca para predefinir o tipo de imaxes que estánse a buscar. Déixovos un pequeno vídeotitorial para que olledes as súas posibilidades:

miércoles, 2 de febrero de 2011

Baixando vídeos. Download helper

É moi útil baixar vídeos por un montón de motivos, entre outros...por se nos quedamos son internet na clase!, para ter unha copia de todos aqueles vídeos que nos interesan. Ou para poder volvelos subir a youtube para editalos como nós queremos.
Aquí deixo tun titorial de como baixar un vídeo de calquera páxina web que albergue vídeos:

Sesión 1. Reflexión sobre as novas tecnoloxías e posibilidades da Rede 2.0 na aula

Aquí tedes a presentación da primeira sesión
Aquí déixovos un vídeo sobre o ensino coas TIC sobre o cal tod@s deberíamos reflexionar. É unha tradución que fixen coa inestimable axuda de Luisa que pasoulle o maquinillo normativizador ao meu empeño normalizador.

Shotwell. O editor e xestor de imaxes de Ubuntu

os nosos super "ultraportátiles" teñen un programa para xestionar as fotos e facerlles unha edición simple, pero que normalmente chegaríanos para as nosas necesidades do día a dçia na aula. Aquí déixovos o vídeotitorial por capítulos que fixen para tal efecto:

Youtube. Unha ferramenta imprescindible para os profes 2.0 actuais

Yputube é un portal para colgar vídeos, pero tamén permítenos crear as nosa listas de reprodución , engadir anotacións ou subtítulos. Aquí déixovos o vídeotitorial que fixen. Non vos preocupedes que verémolo na clase con calma e co voso material.

Stellarium. Un programa para visualizar o ceo nocturno, estrelas e planetas

Aínda que non tiña pensado falar do programa Stellarium que está nos ordenadores dos rapaces, igual nalgún momento parécevos útil.
Eu estou dando cos de 1º da ESO o tema do Universo, polo que estámolo empregando.
Fixen un vídeotitorial para que vexades o "doado" que é manexalo:

Vídeo entretido

A vindeira reunión será o  mércores 9 de Febreiro, de 16:30 ás 19:30h. .

Aí tedes un vídeo simpático, pero real como a vida mesma.
Non hai que perder o ritmo.

domingo, 23 de enero de 2011

Reunión27Xaneiro

O vindeiro 27 de Xaneiro ás 16:30 teremos a seguinte reunión do Proxecto Abalar coa seguinte orde do día:
  • Formación a cargo de Xacobo de Toro
  • Traballo individual.
Consideramos importante a formación inicial e o traballo a continuación para tratar de correxir erros, ou dúbidas que temos no momento.
É importante que cada quen organice a súa actividade sobre o que considere importante para o seu traballo na aula. Polo tanto se tedes preparada unha unidade didáctica traédea nun lápiz de memoria e así traballar sobre iso.

martes, 11 de enero de 2011

1ª Reunión2011

O vindeiro Martes, 11 de Xaneiro, teremos a reunión ás 16:30h, na aula de 1º ESOB para tratar os seguintes temas:
  • Dúbidas acerca do Paquete Ofimático OpenOffice
  • Presentación Aula Abalar e Normativa
  • Suxerencias con respecto á formación
Feliz Ano 2011

domingo, 2 de enero de 2011

OpenOffice Calc

Aquí temos os primeiros pasos para o manexo deste programa. É fundamental que intentedes facer unha táboa con cálculos sinxelos como  o exemplo . Despois, a partir destes datos podemos facer gráficos será no seguinte exercicio.